OS FERRIÑOS COUSELIÑOS
Blogue de aula. Sexto de Primaria, CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo
lunes, 28 de junio de 2021
PROGRAMA RADIO "ONDA FERRO" DESPEDIDA DE SEXTO
PROGRAMA/RADIO DE DESPEDIDA DOS NENOS/AS DE SEXTO CURSO!!
NO FERRO COUSELO SEMPRE VOS RECORDAREMOS CON AGARIMO!!
RECORDADE QUE SEMPRE FORMAREDES PARTE DA GRAN FAMILIA QUE FORMAMOS NO FERRO COUSELO!
ATA SEMPRE RAPACES/AS!
Vídeo de despedida de 6º curso
Velaquí o vídeo de despedida de 6º curso que visualizamos o último día de clase!! Espero que vos gustase moito!
Bo verán, meus nenos!
Podes facer clic no enlace para velo!
miércoles, 23 de junio de 2021
martes, 1 de junio de 2021
Visita/charla do IES de Valga
Esta semana recibimos a visita da Orientadora e o Director do IES de Valga. Explicáronnos como será o noso futuro centro educativo, o seu funcionamento, as materias que teremos o próximo curso e moitas outras cousas máis, así coma, dúbidas e cuestións varias que lles plantexamos. Foi unha charla informativa moi interesante!!
viernes, 14 de mayo de 2021
Día das Letras Galegas
Durante esta semana tamén traballamos moitísimo sobre a homenaxeada deste ano nas Letras Galegas'21, Xela Arias.
Neste día fixemos un "Crebacabezas Imaxinario" sobre a vida e obra de Xela para expoñer aos compañeiros/as do resto dos cursos do centro o noso traballo. Foi xenial!!!
Día da familia
Durante esta semana estivemos traballando, entre outras moitas cousas, a diversidade de familias que na actualidade podemos diferenciar, o máis importante é chegar á conclusión á que chegamos, posto que TODAS son familias e TODAS diferentes!!!! O mesmo dá: biparentais, monoparentais, homoparentais, parellas sen fillos, familias compostas ou extensas...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)