jueves, 20 de diciembre de 2018

Remata o trimestre

Agora, cando está apunto de rematar o primeiro trimestre quero desexarvos un boísimo Nadal na compaña das vosas familias e desexarvos que o próximo ano 2019 veña cheo de triunfos para todos. 
Con cariño Tamara. BO NADAL!!!



miércoles, 31 de octubre de 2018

lunes, 29 de octubre de 2018

Semana do Samaín

Chegou a semana do Samaín e con ela o Concurso de Cabazas e o concurso de relatos terroríficos de 3º e 4º curso de primaria... quen será o gañador ou gañadora dos concursos de Samaín?? 

Sorte para todos!!! 
Pronto saberemos quenes son os gañadores!! jojojojojojo




...ademais celebraremos o Magosto 2018!!! 
Esta semana é corta pero completiña!!





 

jueves, 25 de octubre de 2018

O día das Bibliotecas


O LUNS CELEBRAMOS NO COLE O DÍA DAS BIBLIOTECAS.
Fixéronse entrega dos novos carnets da biblio e ademáis comezamos a levar as mochilas viaxeiras... este ano comezaron os primeiros da lista das aulas...no noso caso empezou Brais.
Disfruta da mochila viaxeira BRAIS!!! E o luns recorda traela para que poidan os demais levala tamén!!

Xogando coas táboas

Como van esas táboas??
Velaquí algúns xogos que temos na aula para memorizalas dunha maneira divertida: o Bingo das Multiplicacións, o Dominó das multiplicacións e o xogo dos tapóns das táboas, entre outros...



martes, 16 de octubre de 2018

...e comezamos coa multiplicación!!

Posto que pronto comezaremos coa MULTIPLICACIóN  aquí vos deixo algunhas táboas para que vaiades estudando e practicando nestes xogos:




















miércoles, 10 de octubre de 2018

Participa e colabora!!



O taboleiro da clase comeza a coller forma gracias ás aportacións dalgúns compañeiros que se esforzan en colaborar e participar na clase!!
Moitas gracias rapaces!!







Xogamos...


Ás veces, se rematamos as tarefas a tempo, xogamos e dedicámoslle algo de tempo a outras cuestións que tamén son moi importantes, como neste caso A ATENCIÓN!!! 
Neste xogo exercitámola sen esforzo algún e pasando un bo rato divertidos!!! Moi ben o pasamos!!!

domingo, 30 de septiembre de 2018

Que é unha estación meteorolóxica?

No centro temos a sorte de contar cunha estación metereolóxica e tivemos a oportunidade de observar directamente de que se trata, con que elementos e aparatos conta, para que serven e a súa utilidade...

A expresión oral

Que importante é practicar a expresión oral que moitas veces esquecemos o útil que é para a vida... Esta vez a traballamos a través dun xogo de dados... inventamos un conto en cadea e quedounos unha historia ben fermosa!!
Imaxinación ao poder!!!!

viernes, 28 de septiembre de 2018

Aniversario de Rubén

Hoxe celebramos por todo o alto o cumpreanos de Rubén e  disfrutámolo moitísimo cantando e degustando un rico bizcoito que nos troixo o compañero. Moitas grazas Rubén e a cumprir moitos máis!!!

jueves, 27 de septiembre de 2018

Estratexias para entender mellor...

O máis importante á hora de entender e estudiar algo é buscar as estratexias que máis se adaptan as nosas necesidades... esta vez a Profe Sandra nos ensinou unha estratexia para identificar as palabras agudas, graves, esdrúxulas e sobresdrúxulas... Moitas gracias profe Sandra!


miércoles, 26 de septiembre de 2018

Traballamos on line

E coma non podía ser de outra maneira, nesta era dixital na que vivimos, que mellor forma de reforzar contidos traballados na clase de maneira dixital, na aula de informática.

...e xogando aprendemos!!

Non existe mellor maneira que aprender xogando e para iso levamos a cabo un xogo por parellas sobre as palabras agudas, graves, esdrúxulas e sobresdrúxulas. Foi todo un éxito!! 




martes, 18 de septiembre de 2018

O aniversario de Aroa

Hoxe, día 18 de setembro, celebramos o primeiro cumpreanos da clase,  o aniversario de Aroa, pasámolo en grande, cantamos e degustamos unha pizza na compañía dos amigos da clase.
Parabéns outra vez, Aroa!! E a cumprir, polo menos, 100 anos
máis!!


jueves, 13 de septiembre de 2018

Estreamos blogue

Benvidos rapaces, rapazas e familias!!
Estreamos novo curso, cuarto de primaria e con el estreamos blogue. Espero que sexa do voso interese e vos guste visitar o noso espazo na internet. A finalidade do noso novo blogue é a de mostrar o día a día da aula e facilitar enlaces directos de actividades, tarefas e xogos para reforzar na escola e na casa os contidos traballados no cole.
Benvidos a un novo curso 2018/19!!
4º primaria!! Xa somos maiores!!