lunes, 14 de octubre de 2019

Seguimos experimentando 👨‍🔬👩‍🔬

Seguimos observando e facendo hipóteses sobre o noso experimento que estamos levando a cabo gracias á mestra Maribel... hoxe observamos que pasou co noso ovo e despois de vaciar o recipiente de vinagre introducimos agua limpa e colorante, fixemos pois hipóteses sobre o que vai pasar e o próximo día veremos que pasa...


viernes, 11 de octubre de 2019

Experimento 👨‍🔬 👩‍🔬

Posto que estamos a piques de rematar o tema 1 de CCNN, levamos a cabo hoxe un experimento seguindo o método científico explicado fai unha semana. Metemos un ovo nun bote de vidro cheo de vinagre, tapándoo e reflexionando sobre o que pasará co ovo e facendo hipóteses... o luns veremos se as nosas hipóteses están acertadas. Foi moi divertido.
Gracias a profe Maribel por acercarnos a ciencia á nosa clase!!!


viernes, 4 de octubre de 2019

Método científico

Hoxe comezamos a coñecer coa axuda da mestra Maribel o método científico, os pasos a seguir para levar a cabo unha experimentación e poder empezar así a levar a cabo experimentos científicos a través dos cales aprendermos desde a observación moitas cousas, poderemos tamén levar á práctica teoría estudada e ver se se cumplen as nosas hipóteses.


A nosa cápsula do tempo

Hoxe enterramos a nosa cápsula do tempo... recuperarémola ao final de curso para retomar por alá polo mes de xuño os propósitos para este curso e ver así se algún deles se cumpliu...



jueves, 3 de octubre de 2019

Escritura creativa

Hoxe fixemos unha actividade de escritura creativa en parellas... súper divertido traballar cos compañeiros e darlle  vida á imaxinación... ademais axudámanos duns dados para crear historias sorprendentes e empregamos o Class Dojo para favorecer a motivación de cara o traballo... moitos foron os que levaron algún puntiño.

Novo curso!!

Benvidos a quinto!! 

Un novo curso cargado de novidades e de evolución... cada día somos máis autónomas e maiores. Este ano levaremos a cabo moitas actividades novidosas e diferentes... así coma, empregaremos  a Radio Escolar Onda Ferro, que tanto nos gusta e levaremos a cabo a diario unha aplicación chamada Class Dojo que nos motivará a seguir traballando e facendo cada día as cousas mellor!! Tamén traballaremos as emocións e as técnicas de estudo, que tan importantes son para conseguir uns bos resultados.

Bo curso!!! E alá imos!!