miércoles, 24 de abril de 2019

Letras Galegas 2019

Este ano adícanse as Letras galegas ao autor coñecido Antón Fraguas Fraguas. 
Estes días comezamos a investigar sobre a súa vida e obra.
Comezamos lendo durante as vacacións a súa biografía e pronto comezaremos a profundizar sobre ela... levaremos a cabo multitude de actividades sobre Antonio Fraguas.

Antonio Fraguas


"O antropólogo, historiador e geógrafo Antón Fraguas Fraguas (Loureiro, Cotobade, 1905-Santiago de Compostela, 1999) foi finalmente a personalidade literaria elixida pola Real Academia Galega (RAG) para protagonizar o Día dás Letras Galegas de 2019.
Antón Fraguas Fraguas dedicou a súa vida ao estudo da cultura e do territorio galego en diferentes ámbitos, con especial atención e maestría á antropología.
Cos seus traballos contribuíu a defender o idioma propio como lingua de expresión para calquera coñecemento, segundo expresa a RAG. Foi historiador, profesor e director e presidente do Museo do Pobo Galego, así como un dos fundadores da Sociedade de Lingua e membro das Irmandades dá Fala e do Seminario de Estudos Galegos, no que inaugurou, baixo a dirección de Otero Pedrayo, os estudos de xeografía histórica."


Nesta ligazón podemos visualizar unha entrevista ao autor homenaxeado:









viernes, 12 de abril de 2019

jueves, 11 de abril de 2019

Fresas con nata

Hoxe foi un día diferente, traballamos os Kilogramos e os gramos de maneira manipulativa, o 1/4 de kg, o 1/2 kg e os gramos en xeral...
Ademáis despois degustamos unhas fresas con nata moi moi ricas, velaquí imaxes da actividade que fixemos.













viernes, 5 de abril de 2019

Onda Ferro

Por fin!!!! Chegou un gran día!!!! Estreamos a Radio na escola !!! Estreamos Onda Ferro!! E foi unha experiencia moi interesante e divertida!!!
Elaboramos e planificamos un programa sobre o día mundial da Saúde que se celebra o próximo domingo e levamos a cabo o noso primeiro programa de radio para conmemoralo... próximamente poderemos escoitar no blogue o primeiro podcast de cuarto!!!



miércoles, 3 de abril de 2019

7 abril Día Mundial da Saúde

O próximo domingo 7 de abril celébrase o Día Mundial da saúde.

Este ano a cobertura sanitaria universal é o obxectivo primordial da OMS.



Pincha no ligazón para saber máis sobre esta conmemoración: