lunes, 28 de junio de 2021

Fotos do acto de despedida de sexto curso.

PROGRAMA RADIO "ONDA FERRO" DESPEDIDA DE SEXTO

PROGRAMA/RADIO DE DESPEDIDA DOS NENOS/AS DE SEXTO CURSO!! NO FERRO COUSELO SEMPRE VOS RECORDAREMOS CON AGARIMO!! RECORDADE QUE SEMPRE FORMAREDES PARTE DA GRAN FAMILIA QUE FORMAMOS NO FERRO COUSELO! ATA SEMPRE RAPACES/AS!

Vídeo de despedida de 6º curso

Velaquí o vídeo de despedida de 6º curso que visualizamos o último día de clase!! Espero que vos gustase moito! Bo verán, meus nenos! Podes facer clic no enlace para velo!

martes, 1 de junio de 2021

Visita/charla do IES de Valga

Esta semana recibimos a visita da Orientadora e o Director do IES de Valga. Explicáronnos como será o noso futuro centro educativo, o seu funcionamento, as materias que teremos o próximo curso e moitas outras cousas máis, así coma, dúbidas e cuestións varias que lles plantexamos. Foi unha charla informativa moi interesante!!

viernes, 14 de mayo de 2021

Día das Letras Galegas

Durante esta semana tamén traballamos moitísimo sobre a homenaxeada deste ano nas Letras Galegas'21, Xela Arias. Neste día fixemos un "Crebacabezas Imaxinario" sobre a vida e obra de Xela para expoñer aos compañeiros/as do resto dos cursos do centro o noso traballo. Foi xenial!!!

Día da familia

Durante esta semana estivemos traballando, entre outras moitas cousas, a diversidade de familias que na actualidade podemos diferenciar, o máis importante é chegar á conclusión á que chegamos, posto que TODAS son familias e TODAS diferentes!!!! O mesmo dá: biparentais, monoparentais, homoparentais, parellas sen fillos, familias compostas ou extensas...

viernes, 30 de abril de 2021

2 de maio, Día contra o acoso escolar

Traballo e exposición do alumnado de Valores para o resto da clase sobre o acoso escolar... que é, tipos, como combatelo, lecturas recomendadas sobre o tema... STOP BULLYING!!!!

Semana do libro

Durante a semana do libro estivemos facendo gran variedade de actividades relacionadas coa conmemoración, entre elas levamos a cabo unha videoconferencia co autor do libro traballado, "Formigas, Misión Camiño de Santiago", Pere Tobaruela, foi moi amable e divertido poder levar a cabo esta conferencia/entrevista con el. Gracias á súa obra puxémonos ao día sobre o Camiño de Santiago, que mellor momento para iso, agora que estamos no Ano Xacobeo!! Moitas grazas, Pere!!

jueves, 8 de abril de 2021

Tercer trimestre

Comezamos con forza este terceiro e último trimestre da nosa educación primaria!! Comezamos levando a cabo varios experimentos, un deles, experimento social, "Cadea de favores", para facer do nosa contorna un lugar mellor... tamén experimentamos coa flotabilidade e a densidade, na materia de Ciencias Naturais... velaquí algunhas fotos do proceso...