miércoles, 27 de enero de 2021

Paz 2021

Nesta semana estamos a levar a cabo actividades para traballar a Paz... posto que o próximo 30 de xaneiro se celebra o Día da Paz... Hoxe fixemos na aula de sexto, un Pasapalabra da Paz, pasámolo ben aínda que nos costou un pouco máis do que pensábamos!!! Nesta semana seguiremos facendo actividades similares para seguir traballando esta conmemoración... Ben feito rapaces/as!!

lunes, 25 de enero de 2021

Novas prácticas...

Nestes días comezamos a empregar unha nova técnica de estudo, para nós... trátase do chamado Visual Thinking, tamén chamado pensamento visual ou de imaxe que consiste en realizar determinadas tarefas mentais directamente a través de procesos visuais. Para isto empregamos o tema 4 de CCSS que xa rematamos e así quedaron algúns dos esquemas visuais que fixeron algúns nenos e nenas de sexto. Noraboa!! E a seguir traballando así de ben!!

martes, 19 de enero de 2021

OBRADOIRO DE RADIO ESCOLAR

Este venres 15 de xaneiro levamos a cabo un Obradoiro de Radio escolar, xunto co alumnado de 5º de primaria para seguir así formándonos en "facer" radio. Foi unha xornada interesante na que puidemos aprender cousas novas sobre a radio escolar... pronto prepararemos propostas novas para a mellor radio do mundo... Onda Ferro!! ...a nosa radio!!

jueves, 14 de enero de 2021

2º trimestre curso 2020/2021

Xa estamos de novo aquí, no segundo trimestre dun curso moi importante para todos nós, posto que pronto estaremos no instituto. Este trimestre decidímolo comezar cun xogo de retos e probas nas que tiñamos que por en práctica o traballado no primeiro trimestre... tivemos que por atención e concentrarnos moito para conseguir superar as probas e así poder acceder aos retos para conseguir a "Chave ao segundo trimestre".