lunes, 14 de octubre de 2019

Seguimos experimentando 👨‍🔬👩‍🔬

Seguimos observando e facendo hipóteses sobre o noso experimento que estamos levando a cabo gracias á mestra Maribel... hoxe observamos que pasou co noso ovo e despois de vaciar o recipiente de vinagre introducimos agua limpa e colorante, fixemos pois hipóteses sobre o que vai pasar e o próximo día veremos que pasa...


viernes, 11 de octubre de 2019

Experimento 👨‍🔬 👩‍🔬

Posto que estamos a piques de rematar o tema 1 de CCNN, levamos a cabo hoxe un experimento seguindo o método científico explicado fai unha semana. Metemos un ovo nun bote de vidro cheo de vinagre, tapándoo e reflexionando sobre o que pasará co ovo e facendo hipóteses... o luns veremos se as nosas hipóteses están acertadas. Foi moi divertido.
Gracias a profe Maribel por acercarnos a ciencia á nosa clase!!!


viernes, 4 de octubre de 2019

Método científico

Hoxe comezamos a coñecer coa axuda da mestra Maribel o método científico, os pasos a seguir para levar a cabo unha experimentación e poder empezar así a levar a cabo experimentos científicos a través dos cales aprendermos desde a observación moitas cousas, poderemos tamén levar á práctica teoría estudada e ver se se cumplen as nosas hipóteses.


A nosa cápsula do tempo

Hoxe enterramos a nosa cápsula do tempo... recuperarémola ao final de curso para retomar por alá polo mes de xuño os propósitos para este curso e ver así se algún deles se cumpliu...



jueves, 3 de octubre de 2019

Escritura creativa

Hoxe fixemos unha actividade de escritura creativa en parellas... súper divertido traballar cos compañeiros e darlle  vida á imaxinación... ademais axudámanos duns dados para crear historias sorprendentes e empregamos o Class Dojo para favorecer a motivación de cara o traballo... moitos foron os que levaron algún puntiño.

Novo curso!!

Benvidos a quinto!! 

Un novo curso cargado de novidades e de evolución... cada día somos máis autónomas e maiores. Este ano levaremos a cabo moitas actividades novidosas e diferentes... así coma, empregaremos  a Radio Escolar Onda Ferro, que tanto nos gusta e levaremos a cabo a diario unha aplicación chamada Class Dojo que nos motivará a seguir traballando e facendo cada día as cousas mellor!! Tamén traballaremos as emocións e as técnicas de estudo, que tan importantes son para conseguir uns bos resultados.

Bo curso!!! E alá imos!!



lunes, 17 de junio de 2019

Derradeira semana!!!!!

Estamos moi contentos, xa estamos na última semana de curso, rematamos os exames, e eso nótase!!!!
Estamos moi contentos!!!! Só nos queda disfrutar dos días que quedan, recibir as notas e pasalo xenial no festival de fin de curso, que será este venres!!!


Maquetas das máquinas simples.

Así de ben quedaron as maquetas das máquinas simples dos alumnos de cuarto de primaria: parques, centros veterinarios, grandes empresas... temos de todo... e nelas podemos observar poleas, planos inclinados e pancas...















lunes, 10 de junio de 2019

Excursión de fin de curso!!

Un curso máis que se acaba... non queda nada... queda o mellor!!! Entre outras cousas a tan esperada excursión de fin de curso!!! Pasámolo xenial!! Fixemos moitas actividades ao aire libre e ata nos bañamos na piscina, no Grove!!
Agora só nos queda o último esforzo para rematar o curso e disfrutar do festival e do verán!!!!







lunes, 20 de mayo de 2019

Geoplano

Juega y disfruta del geoplano jugando online... puedes formar polígonos como quieras!! 




Además, puedes crear tú mismo un geoplano casero... aquí puedes consultar las instruciones para hacerlo!!

miércoles, 15 de mayo de 2019

Monicreques e plantación

Hoxe foi un día intenso... entre o espectáculo de monicreques de Zeltia  Figueiras que nos encantou, onde escoitamos, cantamos e bailamos contos tradicionais modificados  e actualizados e...




...a plantación de plantas no horto escolar pasamos unha xornadas moi entretenida!!!








miércoles, 24 de abril de 2019

Letras Galegas 2019

Este ano adícanse as Letras galegas ao autor coñecido Antón Fraguas Fraguas. 
Estes días comezamos a investigar sobre a súa vida e obra.
Comezamos lendo durante as vacacións a súa biografía e pronto comezaremos a profundizar sobre ela... levaremos a cabo multitude de actividades sobre Antonio Fraguas.

Antonio Fraguas


"O antropólogo, historiador e geógrafo Antón Fraguas Fraguas (Loureiro, Cotobade, 1905-Santiago de Compostela, 1999) foi finalmente a personalidade literaria elixida pola Real Academia Galega (RAG) para protagonizar o Día dás Letras Galegas de 2019.
Antón Fraguas Fraguas dedicou a súa vida ao estudo da cultura e do territorio galego en diferentes ámbitos, con especial atención e maestría á antropología.
Cos seus traballos contribuíu a defender o idioma propio como lingua de expresión para calquera coñecemento, segundo expresa a RAG. Foi historiador, profesor e director e presidente do Museo do Pobo Galego, así como un dos fundadores da Sociedade de Lingua e membro das Irmandades dá Fala e do Seminario de Estudos Galegos, no que inaugurou, baixo a dirección de Otero Pedrayo, os estudos de xeografía histórica."


Nesta ligazón podemos visualizar unha entrevista ao autor homenaxeado:









viernes, 12 de abril de 2019

jueves, 11 de abril de 2019

Fresas con nata

Hoxe foi un día diferente, traballamos os Kilogramos e os gramos de maneira manipulativa, o 1/4 de kg, o 1/2 kg e os gramos en xeral...
Ademáis despois degustamos unhas fresas con nata moi moi ricas, velaquí imaxes da actividade que fixemos.